RIBEIRA> A Festa do Percebe de Aguiño celebrase o domingo 6 de agosto. Nesta vixésimo cuarta edición repartiranse 1200 quilos deste prezado marisco. Haberá tamén empanada, churrasco e polbo.
Un pouco máis tarde do habitual, condicionada polas mareas e a multitude de actividades que se celebran no mes de xullo, a festa do percebe de Aguiño trasládase a agosto.
Será o domingo día 6 cando miles de veciños e visitantes se acheguen ata o porto desta parroquia ribeirense para degustar un dos mariscos máis cotizados.
A carpa abrirá as portas a mediodía e ademais da degustación haberá música e obradoiros infantís. Repartiranse ó redor de 1200 quilos de percebe, en racións nunca inferiores ós 350 gramos, acompañados de cachelos e un prato conmemorativo. Haberá tamén empanada, polbo e churrasco para os queiran ampliar o menú.
Polo momento, aínda queda por concretar o prezo das racións que dependerá da cotización que acade o percebe nas datas previas. Durante a festa distinguiranse tamén ós percebeiros de honra, aínda por determinar