Ribeira súmase ás marchas en defensa do sistema público de pensións

RIBEIRA> A loita dos pensionistas está moi viva na rúa. Ducias de persoas, non só xubilados senón tamén traballadores en activo, sumáronse á marcha convocada en Ribeira como en centos de cidades de todo o país. Motivos para saír á rúa non lle faltan ante os riscos ós que se enfronta o sistema público de pensións. Acusan ó actual goberno de privatizar o sistema de pensións poñéndoo ó servizo das empresas e obrigando ós traballadores a recorrer ós fondos privados para poder ter unha paga. Ó grito de ‘Menos corrupción e máis pensión ou RAjoy ladrón, devolve a pensión’ percorreron as principais rúas do centro ribeirense ata a praza do concello onde deron lectura a un manifesto. Xa advirten de que pensan seguir na rúa ata conseguir unha suba digna fronte ó 0.25 aprobado polo goberno.