Rianxo deseña unha variada programación para conmemorar o 8-M

RIANXO> As actividades organizadas polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller, o vindeiro 8-M, non se cinguirán unicamente a esta data, senón que se desenvolverán ó longo de todo o mes.

Xirarán en tres eixes fundamentais: un educativo-formativo, outro ligado coa relación da  muller e o mar e por ultimo o aspecto reivindicativo.

A primeira das actividades será xa este sábado cunha charla-coloquio no Cuartel Vello a partir das 11 e media da mañá da man da asociación Mulleres Salgadas.

O propio 8-M, en colaboración co alumnado do IES Félix Muriel, e coa participación do resto de centros educativos do municipio, desenvolverase unha mobilización dos ‘mandís’, ás doce na praza Castelao.

Ese mesmo día, ás oito, no campo de Arriba, desenvolverase o acto institucional.

pero as actividades terán continuidade tamén ó longo de todo o mes con charlas do ciclo ‘Muller e Saúde’ nos que se abordarán temáticas relacionadas coa saúde feminina como é o caso do chan pélvico, a menopausia e a menarquía. Tamén se programarán varias proxeccións cine con ‘O Corno’ e ‘Matria’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí