Manuel Ruíz defende o proxecto do Malecón fronte ás críticas do BNG

    RIBEIRA> Ó ter coñecemento da entrada por rexistro da moción, o alcalde de Ribeira amosou a súa sorpresa ante a postura do BNG. Considera que se trata dun movemento con afán electoralista e defende que se están a manter as mesmas prazas de aparcamento que antes do inicio das obras. O alcalde insistiu ademais en que as modificacións realizadas pola dirección de obra non teñen sobrecusto algún. Por último, Manuel Ruíz explicou que a paralización das obras podería ter como consecuencia a perda da subvención de setecentos mil euros de fondos europeos para esta actuación.