O BNG demanda a ampliación do horario do museo Valle-Inclán

POBRA> O BNG da Pobra demanda a ampliación do horario de apertura do Museo Valle-Inclán. Ante a polémica xurdida en relación cos peches, os nacionalistas esixen que se resolva o proceso de contratación de persoal técnico para garantir o servizo no museo. A polémica saltaba a principios desta semana a raíz dos cambios no cartel dos horarios do museo nos que podía interpretarse que pecharía pola tarde durante todo o verán. Aínda que dende o executivo xa procederon a subsanar o presunto erro, os nacionalistas denuncian as deficiencias na atención ó público, cun horario de apertura limitada e sen unha web actualizada que permita acceder á información do centro e os seus fondos.Dende o BNG entenden que esta situación é froito da falta de persoal posto que segue paralizado o proceso de contratación dun técnico para o museo, iniciado hai máis dun ano.