O concello da Pobra homenaxea ó misioneiro Andrés Díaz de Rábago

POBRA> O sacerdote, nado na localidade, leva máis de setenta anos exercendo coma misioneiro en Asia.

O salón de plenos do Concello, foi o lugar escollido para realizar esta homenaxe ó sacerdote xesuita Andrés Díaz de Rábago, pobrense de nacemento, aínda que leva máis de setenta anos exercendo a súa actividade coma misioneiro en diferentes países do sudeste asiático, o último en Taiwan.

Ós seus 102 anos, recén cumpridos,  Andrés Díaz de Rábago, agradeceu a homenaxe e o feito de poder estar novamente na súa vila natal, da que garda moi bos recordos, e da que se sinte orgulloso por ter nado nela.

De man do alcalde recibiu un pequeno agasallo consistente nunha medalla de Valle-Inclán, autor ó que coñeceu en vida, e co que a súa familia tiña moi boa relación. A visita de hoxe era segundo el, especial, se cabe a última…aínda que vendo o vitalismo e a forza deste home nunca se sabe…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí