As obras no colexio Felipe de Castro avanzan a bo ritmo

NOIA> A conselleira de Educación, Carmen Pomar, visitou esta mañá Noia para comprobar a marcha das obras de mellora que se están a  desenvolver nestes momentos no colexio Felipe de Castro. A actuación, cun orzamento duns 671 mil euros, ten coma principal finalidade a rehabilitación enerxética do edificio.

Acompañada do alcalde, Santiago Freire, e varios membros do goberno local, a consellería de Educación, Universidade e Formación Profesiona, Carmen Pomar, visitou as obras que se están levando a cabo actualmente no CEIP Felipe de Castro. A actuación, financiada íntegramente por Educación, conta cun orzamento duns 671 mil euros. Inclúe a substitución da cuberta, o illamento da fachada exterior e a instalación dunha nova carpintería exterior, así como tamén o cambio de luminarias por outras de alta eficiencia enerxética de tecnoloxía led.

Dende o Concello agradeceron á Xunta o importante investimento realizado no colexio que permitirá mellorar considerablemente as instalacións.

Dende Educación confían en cumprir cos prazos previstos e que o ‘grosso’ da actuación poida estar rematada antes do vindeiro curso escolar, alá polo mes de setembro.