A atleta Lidia Parada será imaxe do Concello da Pobra do Caramiñal

POBRA> A lanzadora de xavelina asinaba este mediodía un contrato de patrocinio, no que se vincula a imaxe e os valores que representa a deportista coa imaxe do Concello.

Este é o momento no que a atleta Lidia Parada e o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, procedían á  sinatura do contrato de patrocinio que vincula á xoven deportista e o Concello.

Lidia será a imaxe do municipio, levando o nome da localidade por todo o mundo. O novo contrato permitiralle tamén un apoio económico para poder sufragar os gastos das viaxes ós diferentes campionatos nos que participe

Un aspecto tamén destacado polo rexedor na súa intervención, quen ademais fixo alusión a que se trata dun recoñecemento ben merecido, que agarda teña coma meta a súa participación nos Xogos Olímpicos de París en 2024

A deportista agradeceu o apoio do Concello nestes anos, e tamén este novo contrato de patrocinio que vén de asinar por un importe duns catro mil euros, que lle permitirá poder centrarse na súa carreira deportiva.

Entre os logros máis destacados da atleta na súa carreira deportiva destacan os dez títulos de campionatos de España, catro récords galegos e outros tantos a nivel nacional, así como numerosas participacións en campionatos a nivel nacional e internacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí