Unha trintena de actividades encherán Ribeira de Cultura este verán

RIBEIRA> A Fiestra da Cultura de Ribeira incrementará o número de propostas este verán. O venres días seis comezarán as actividades co monólogo de Pedro Brandariz que inaugura o ciclo Chanzas na Rúa. Ás actividades organizadas directamente polo concello súmanse aquelas enmarcadas na Rede Cultural da Deputación e no programa Cultura no Camiño da Xunta. Destaca tamén a  colaboración do tecido asociativo do municipio. Entre algúns dos eventos a destacar figura o concerto de Cristina Pato, a mostra d emúsica e danza tradicional ou o concerto de Xabier Días e Adufeiras de Salitre entre outros.