As peñas de Boiro promoven unha campaña de recollida de alimentos

BOIRO> A Asociación de Peñas de Boiro promove unha campaña de recollida de alimentos non perecedeiros. Irá destinada a persoas desfavorecidas do municipio, con especial atención  a aquelas que que se están a ver máis afectadas pola crise do coronavirus. A iniciativa desenvolverase ata o 21 deste mes de abril nos supermercados Eroski, Froiz, Gadis e Lidl do municipio. Alí instalaranse carros perfectamente identificados, para que as persoas que o desexen poidan depositar neles leite, azúcar, aceite ou calquera outro produto. Tódolos  alimentos recadados seranlle entregados a Cáritas para o seu posterior reparto. Para o desenvolvemento da campaña a asociación de Peñas de Boiro conta tamén coa colaboración da agrupación de voluntarios de Protección Civil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí