Identificado un condutor temerario que circulou en sentido contrario en Rianxo

RIANXO> A Policía local de Rianxo, en colaboración co Grupo de Investigación e Análise de Tráfico, procedeu á identificación dun condutor temerario que circulou en sentido contrario polo casco urbano de Rianxo.

Os feitos aconteceron a madrugada do vinte e dous de xuño cando o condutor, agora identificado, circulou a alta velocidade e en sentido contrario nun treito de douscentos metros e unha rotonda.

O propio autor gravou un vídeo da infracción e publicouno nunha rede social, o que facilitou a súa identificación. O pasado día dous de xullo os axentes procederon a interceptar o vehículo e identificar ó condutor que recoñeceu a autoría dos feitos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí