Álex Vidal formará parte da candidatura do PP de Ribeira

RIBEIRA> O taekwondista Álex Vidal súmase á candidatura do Partido Popular. Irá nos postos de saída da lista encabezada por Manuel Ruíz coa que agarda recuperar a maioría absoluta.

O PP de Ribeira presentaba esta mañá a un dos seus grandes fichaxes para as municipais. O taekwondista Álex Vidal integrará a lista dos populares ribeirenses entre os cinco primeiros postos. O candidato, Manuel Ruíz, destacou a honestidade, compromiso e capacidade de superación do deportista quen se inicia na política municipal.

Vidal asume este reto ilusionado, co compromiso de traballar en favor da sociedade ribeirense, como mostra de gratitude ó apoio recibido durante toda a súa carreira deportiva.

Ruíz vai definindo así unha lista na que, aínda que se prevé algún cambio, manterá o seu equipo de confianza.  O obxectivo é contar coa mellor candidatura de cara a aumentar o numero de concelleiros e recuperar a maioría absoluta para favorecer a gobernabilidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí