O concello crea os “Cabos Soltos” fronte a lei de espectáculos da Xunta

Pontevedra> O concello de Pontevedra creará os”Cabos Soltos” co fin de dar resposta ao baleiro legal que deixa a nova lei de espectáculos en Galicia. Será unha iniacitiva destinada a cafeterías ou locais máis pequenos co fin de que podan realizar actividades culturais sen ir en contra da lei.

A lei de espectáculos Galega non ten calado no concello de Pontevedra. Dende o Goberno nacionalista consideran que a Xunta deixa en mans do concello este tipo de eventos, iso sí, sen ningún tipo de recurso.

Co fin de encher o baleiro legar desta normativa galega que entrará en vigor o vindeiro 2 de xullo o concello pon en marcha o programa Cabo Soltos, co fin de que as cafeterías ou locais pequenos poidan celebrar actividades culturais dentro da lei.

A lei entrará en vigor o 2 de xullo e contará con 6 meses para a súa aplicación, dentro dese marco o concello tamén desenvolverá e dará a coñecer este programa co fin de garantir a actividade cultural en Pontevedra.