Prisión provisional para a un ribeirense acusado dun delito de tráfico de drogas

RIBEIRA> A Policía Nacional detivo a un veciño da localidade, de 67 anos, coma presunto autor dun delito de tráfico de drogas.

Segundo informaron fontes policiais, nun control rutineiro, os axentes interviñéronlle uns 16 gramos de cocaína e cinco e medio de heroína, así como diñeiro en efectivo e dous teléfonos móbiles.

O prendido, ó que lle constan antecedentes anteriores por feitos similares, xa pasou a disposición xudicial no Xulgado de Instrución de Garda, que decretou o seu ingreso en prisión provisional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí