Uns 147 atletas participarán este sábado no II Triatlón Concello de Rianxo

RIANXO> A proba, organizada polo Servizo Municipal de Deportes, en colaboración coa Federación Galega de Triatlón, desenvolverase a partir das seis da tarde. Un total de 147 atletas chegados dende diferentes clubs galegos participarán este próximo sábado na segunda edición do Triatlón Concello de Rianxo. A proba terá un carácter popular e disputarase na modalidade Sprint con 750 metros de natación, 20 km en bicicleta e 5 km de carreira a pé. Dende o Concello destacaron a  gran acollida que tivo este proba na pasada edición, razón máis que suficiente para volver a apostar por ela, ademais de que se trata dunha modalidade en auxe nos últimos anos. Entre os favoritos para levarse a vitoria na categoría masculina, Xacobo de Crego, do Olimpico de Vedra, mentres que na categoría feminina, Alina García, é a que conta con máis posibilidades. Por motivos de seguridade dos participantes pecharase ó tráfico todo o percorrido dende as seis menos cuarto ás oito menos cuarto da tarde.