AMICOS conmemora o Día da Discapacidade coa cuarta edición do Festiritititi

BOIRO> As asociacións AMICOS e AMBAR celebraron o Día Internacional da Discapacidade con festas en Boiro e Ribeira. Ámbalas dúas asociacións aproveitaron esta xornada lúdica para reivindicar os dereitos das persoas con diversidade funcional.

Escolares de tódolos centros educativos de Boiro participaron na cuarta edición do Festival Festiritititi organizado pola asociación AMICOS co gallo do Día Internacional da Discapacidade. A maxia e a e ilusión inundaron o pavillón de Barraña onde ó longo do mañá os asistentes desfrutaron de xogos e animación.

O acto contou coa presenza do director xeral de Maiores e Discapacidade e da responsable provincial de Educación que reiteraron o compromiso tanto da Xunta como da Deputación, non só neste día senón durante todo o ano.

Tamén quixeron estar presentes varios representantes do concello de Boiro e de Jealsa que, como cada ano, colaboran na organización deste evento integrador.

Pola súa banda, AMBAR tamén festexou esta xornada cun festival que se desenvolveu no pavillón deportivo da Fieteira, en Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí