Manuel Ruíz recibe á nova directiva do Club de Pádel Ribeira

RIBEIRA> O alcalde, Manuel Ruiz, recibiu esta mañá no seu despacho á nova directiva do Club Deportivo de Pádel Ribeira que foi elixida recentemente. Andrés Lijó, coma presidente, xunto co resto dos membros da entidade, presentáronlle ó rexedor ribeirense os proxectos máis inmediatos que pretenden levar a cabo, entre os que se atopa a inminente constitución dun equipo federado que poida competir na liga federada en categoría masculina. Ademais tamén lle informaron do especial interese en crear un equipo feminino e de organizar entre o 31 de outubro e o 2 de novembro un torneo de padel no Centro de Raqueta Santa Uxía en Coroso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí