Detida unha muller por acoitelar a un home en Ribeira

RIBEIRA> O suceso acontecía onte a última hora da tarde neste establecemento na zona das Carolinas. O home resultou ferido de gravidade e permanece ingresado no Hospital Universitario de Santiago de Compostela, con pronóstico reservado. Todo aconteceu de súpeto. O redor das sete da tarde unha muller de nacionalidade cubana chegaba o bar ribeirense O Antoxo moi alterada, despois de ter outro altercado na praia de Coroso, segundo explicaron testemuñas oculares. Nese momento a detida enfrentouse a unha parella que se encontraba na terraza do establecemento. O home resultou ferido de gravidade ó tentar axudar a súa moza, nese intre a agresora sacou un coitelo e cravoullo no peito. O agredido foi trasladado ó Hospital do Barbanza nunha ambulancia do 061, pero debido á gravidade da ferida foi derivado ó Clínico de Santiago. Alí permanece, na unidade de coidados intensivos, con pronóstico reservado. Aínda que todo apunta a que se encontra estable. A muller foi detida pouco despois dos feitos e encóntrase á espera para pasar a disposición xudicial. A Policía Nacional de Ribeira está a cargo da investigación.