POBRA> A Pobra acollerá por terceiro ano unha nova edición do programa Camiños da Experiencia e do Coñecemento da Universidade de Santiago. Componse de tres seminarios dirixidos a maiores de cincuenta anos que se desenvolverán durante o mes de setembro.
Trátase dun dos programas con máis alta demanda por parte dos propios alumnos polo que o concello da Pobra volverá poñer en marcha unha nova edición dos Camiños do Coñecemento e da Experiencia da USC. O obxectivo é achegar ós maiores de cincuenta anos a posibilidade de incrementar a súa formación en temas relativos ó patrimonio, a ciencia ou a arte entre outros.
Esta terceira edición, que se celebrará entre o 22 e o 29 de setembro, comporase de tres seminarios: introdución á criminoloxía,estilos educativos parentais e teatro.
Dende o concello agradeceron o interese da USC e a colaboración da Xunta e da Deputación da Coruña para achegar este programa ata A Pobra. Os interesados poden inscribirse de xeito gratuíto na casa da cultura. O límite de prazas é de vinte e cinco.