A Plataforma valora a xuntanza coa xerencia como primeiro paso para reducir as listas de espera

RIBEIRA> A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza valora positivamente, aínda que con cautela, a xuntanza mantida cos responsables da  área sanitaria. Son varias as especialidades nas que xa se están a tomar medidas, como a incorporación de medios técnicos e humanos, para reducir as listas de espera.

O xerente da área sanitaria e o director do  hospital do Barbanza achegaron posturas cos representantes da Plataforma pola Sanidade Pública na xuntanza mantida a finais da pasada semana. Coincidentes nas especialidades que presentan maiores problemas analizaron algunhas das medidas  xa en marcha para diminuír as listas de espera.

Fronte a estes servizos  nas que xa se están a adoptar medidas, a plataforma pon o foco noutras consultas como rehabilitación infantil,  cirurxía, ou endocrinoloxía, con malas expectativas a medio prazo.     

Tralo inicio das conversas que supuxo esta primeira xuntanza quedaron emprazados a unha próxima reunión dentro de seis meses para valorar a evolución das listas de espera e analizar o impacto das medidas adoptadas.