Éxito un ano máis na Festa do Mexillón de Rianxo

RIANXO> Non cabe duda de que o mexillón é un dos produtos estrela das nosas rías, así se demoustrou unha vez máis en Rianxo. Durante a pasada fin de semana, celebrouse a novena Festa do Mexillón en Rianxo, unha cita que organiza un ano máis a Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo da localidade, en colaboración co concello. Como xa ven sendo habitual, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, non se quixo perder esta cita, e aproveitou a ocasión para destacar que a produción do mexillón en Galicia acadou no 2017 a súa cifra máis alta en dez anos. Foron dous días nos que se repartiron ó redor dunhas tres mil cincocentas racións de mexillón. Cun prezo de catro euros por ración, todos os asistentes desfrutaron das seis receitas diferentes nas que se elaborou o produto. Ademáis de ser unha cita gastronómica de interese turístico, esta festa tamén ten outro obxectivo. Todo o recaudado cas vendas das racións de mexillón irá destinado como axuda  os fondos do Club de Remo Rianxo.