A Policía Local de Ribeira abre dilixencias contra un condutor accidentado que se deu á fuga

RIBEIRA> A Policía Local de Ribeira abriu dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria contra un condutor dun vehículo que se deu a fuga logo de colidir co seu coche xunto á rotonda de Xarás.

Ó parecer o vehículo, ó saírse da vía, colidiu contra a illeta e acabou derrubando un sinal situado xunto á rotonda de Xarás. O condutor deuse á fuga abandonando o lugar do accidente antes de que chegaran os axentes. Atrás del un regueiro de aceite que o coche foi deixando pola calzada. A Policía seguiu as pegadas, localizando o vehículo non moi lonxe de alí, na zona de Deán Pequeno. Ante a ausencia do condutor, os axentes procederon á comprobación do titular do vehículo, que resultou ter o seu domicilio fóra do termo municipal. Na chamada, o home, ó que se apreciaba de xeito claro estar baixo os efectos do alcol, negou que tanto el como o seu vehículo estiveran en algún momento en Ribeira nin que deixara o coche a ninguén. Vendo o panorama, os axentes  decidiron abrir dilixencias contra el por un suposto delito contra a seguridade viaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí