A campaña ‘Amaribeira’ mobilizou preto dun millón de euros

RIBEIRA> Balance máis que positivo da campaña Amaribeira, desenvolvida entre o 10 de decembro e o 28 de febreiro. Os bonos desconto subvencionados polo concello de Ribeira mobilizaron case un millón de euros en vendas.

980.212 euros. Esta contía, próxima ó millón de euros, é o volume de vendas propiciado pola campaña Amaribeira impulsada polo concello de Ribeira entre o 10 de decembro  e o 28 de febreiro. Puxéronse en circulación 3500 bonos desconto de 30 euros.

Na campaña participaron 141 establecementos comerciais, concentrando o sector téxtil e de calzado e as xogueterías máis do 70 por cento das vendas por coincidir coa campaña de Nadal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí