A alcaldesa en funcións fai un balance positivo do primeiro fin de semana de “peñas”

Pontevedra>  A concelleira de festas e alcaldesa en funcións fixo esta mañá un balance positivo do primeiro fin de semana de “peñas”. Carme da Silva cualificou como tranquilos o transcurso destes días e sinalou que non se rexistraron indecentes reseñables. Dende o Goberno Local recolleron 14 atencións da ambulancia que establecen dende o concello.

A concelleira de Festas e alcaldesa en funcións ofreceu unha rolda de prensa nesta xornada na que fixo un balance do primeiro fin de semana de peñas deste verán. Carme da Silva dixo que todo transcorreu con normalidade e sen incidentes reseñables.

Dende o Goberno Local se recolleron 14 atencións da ambulancia que se establece a través do concello. Sete desas 14 atencións tiveron lugar derivadas a mareos relacionados coa calor da fin de semana. Durante a noite rexistráronse tres atencións por alcoholemia e catro intervencións por cortes e mareos, ademais do traslado dunha persoa por dolor torácico. Dende o Goberno Local lamentaron o comportamento e declaracións do PP aos que convidaron a desfrutar das festas da Peregrina.

En canto ao lixo recollido, a alcaldesa en funcións indicou que este ano se utilizou outro método de recollida de datos aplicándose ao centro da cidade. A cifra do lixo recollida foi durante a noite do sábado ao domingo de 10 toneladas, mentres que do domingo ao luns se acercaron tamén ás 10 toneladas.