Os comerciantes de Sanxenxo amosan preocupación ante as obras da rúa Progreso

SANXENXO> Os comerciantes de Sanxenxo solicitan máis información ao consistorio sobre as obras que se levaran a cabo na rúa Progreso. Dende o colectivo Entretendas non ocultan a súa preocupación, segundo afirman, ante a falta de información sobre como se desenrolaran os traballos.
Dende a Asociación de Comerciantes Entretendas amosan a súa preocupación ante, o que a seu xuízo, é unha falta de información sobre cal será o proceder durante a realización das obras da rúa Progreso.
Comerciantes de esta importante arteria sanxenxina gustaríalles coñecer algún dato máis para intentar concretar o proceder coa vontade de afectar o mínimo posible a este colectivo.
Julio Presas, presidente da entidade de comerciantes fai fincapé ao afirma que a pesar de estas dúbidas todos os comerciantes están de acordo con esta humanización para conseguir amosar a mellor cara da vila.