Condes de Albarei reforza a súa aposta polo coidado do medio ambiente reciclando máis de 900 mil quilos no 2021

CAMBADOS> Para conseguir viños dunha calidade excepcional é necesario unha boa uva que só se atopa en medios coidados. Baixo esta idea, a adega Condes de Albarei non deixa de aumentar cada ano a súa aposta pola sustentabilidade. O ano pasado conseguiron reciclar máis 900 mil quilos de vidro e cartón.

A sociedade está cada vez máis concienciada na importancia de realizar actividades sostibles e ecolóxicas que axuden a coidar o medio ambiente. Unha mentalidade coa que a adega Condes de Albarei leva traballando dende a súa creación hai 34 anos. A compañía ten como un dos seus piares a practica da viticultura respectando o medio ambiente.

A aposta polo coidado do medio ambiente levou a Adegas Condes de Albarei a reciclar o pasado ano máis de 900 mil quilos de materiais.

A clave desas boas cifras está en marcarse obxectivos e organizarse para conseguilos.

O coidado do medio ambiente en Condes de Albarei non se centra só na reciclaxe, as súas instalacións funcionan cada vez máis con enerxías renovables buscando ser o máis sustentables posibles. Este obxectivo tamén se leva ao campo cunha redución de máis dun 30% dos tratamentos e coa utilización de produtos cada vez máis respectuosos co medio ambiente.

Ademais das medidas internas, dende Condes de Albarei tamén se suman a outros proxectos medio ambientais como Viñas Atlánticas ou Ecovidrio. Todas as iniciativas encamiñadas a coidar o noso entorno, clave para o futuro do sector vitivinícola.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí