Chega a Sanxenxo o XI Torneo Internacional de Tenis Cadete

SANXENXO> Os amantes do tenis teñen unha cita en Sanxenxo. O municipio é o emprazamento elixido para a celebración XI Torneo Internacional Cadete. Sen dúbida unha excelente competición coa que gozar dos mellores xogadores de tenis sub 18 do mundo de xeito gratuíto.
Nos vindeiros días Sanxenxo encheranse de afeccionados e tenistas. A vila sumerxérase de cheo na celebración do XI Torneo Internacional Cadete.
Un importante evento deportivo no que participaran un importante número de tenistas na categoría cadete dende o vindeiro 21 ata o 28 de outubro.
O alcalde, Telmo Martín tamén estivo presente na presentación e sinalou que a celebración de este tipo de eventos deportivos reafirman a Sanxenxo non só como un destino de sol e praia.
Rapaces e rapazas participarán neste torneo, no que poderán competir de xeito individual ou por parellas. Ademais este ano dende a organización decidiron que a final feminina se xogue o sábado pola tarde e a final masculina a mañá do domingo.