A ILLA> O Nadal máis cultural volve á Illa de Arousa. O concello iniciará este sábado a súa programación. Unha proposta coa que ademais despide as actividades do décimo aniversario do auditorio.
O Nadal arrinca este sábado na Illa de Arousa. O “Demo Day” da Escola de Música no Auditorio será o pistoletazo de saída á programación deste ano.
O venres 21, Papá Noel desfilará pola vila durante a tarde, mentres que pola noite Sonia Lebedynski colleralle o relevo coa súa actuación no auditorio. O sábado 22 será a quenda da sesión sumo con “Alegría”. A Apalpadora pasarase pola Illa o xoves ás 12 do mediodía na praza do concello e o venres 28 os nenos desfrutarán coa sesión de cine da Tropa de Trapo no País do Arco da Vella. O sábado 29, tamén no Auditorio, Uxía presentará o seu novo traballo.
Con este programa, o concello quere tamén despedir o décimo aniversario do auditorio da vila.
As últimas citas do programa serán o venres 4 de xaneiro ás 7 da tarde, con María Fumaça, e o sábado 5 de xaneiro coa cabalgata dos Reis Magos. As entradas estarán á venda en Tenda Gradisela, Administración San Xulián e Bar O Museo.