Deporte, cultura e patrimonio danse cita en Combarro este sábado

POIO> Deporte, cultura e patrimonio danse cita en Combarro. A IV edición de Activa Combarro desenrolarase durante este sábado 27 de outubro na vila de xeito gratuíto para todos aqueles que queiran participar.
Este sábado Combarro “activase”cunha actividade que mestura deporte, cultura, patrimonio e solidariedade. A IV edición de Activa Combarro recolle diferentes actividades, entre as que destacaran as rutas “Patrimoniándonos en Combarro” ou “Combarro vila mariñeira”.
O sábado pola tarde con saída as 17 horas, disputarase a carreira popular infantil e unha hora máis tarde sairá a categoría absoluta nun percorrido de 4,5 kilómetros. A inscrición é gratuíta, tan so se pide a doazón dun kilo de alimentos para os servizos sociais de Poio.
Como novidade haberá actividades e talleres durante toda a xornada a cargo da Oficina del Ari e a empresa Xeométrica que amosarán unha visión en tecnoloxía 3D sobre a vila e os seus edificios máis singulares.