Papa Noel recibe aos rapaces de Sanxenxo e Portonovo no seu día máis forte

SANXENXO> Nun día festivo coma hoxe, o convidado máis especial en todas as casas esta noite, estivo en Sanxenxo, para recoller as peticións dos anfitrións máis esixentes. Nesta Noiteboa Papa Noel terá que “facer números” para chegar a todas as casas do Salnés cos regalos de todos os seus pequenos e non tan pequenos seguidores.

A Praza do Barcos, en Sanxenxo, converteuse esta mañá no escenario elixido por Papa Noel para tomar nota de todo o que os pequenos e non tan pequenos de este municipio esperan nesta Noiteboa.

(referencia o regalo máis demandado)
Noite de Paz, noite de amor… pero sen dúbida, noite de moito traballo para este home que ven dende a Laponia, percorrendo milleiros de km para chegar a tempo as casas de todos os rapaces.

Así que xa saben, esta noite despois de cear todo o mundo para cama… que quen sabe o mellor mañá espertan cunha sorpresa debaixo da súa árbore.