Pontevedra unirase a un ‘lobby’ internacional de cidades contra o cambio climático

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/lores_presenta_premio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/lores_presenta_premio.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> Pontevedra formará parte dunha alianza internacional de cidades contra o cambio climático. O alcalde anunciou hoxe que aceptarán a invitación de Bloomberg Associates para integrarse neste movemento, no que compartirán mesa con cen cidades de todo o mundo. Segundo a fundación, Pontevedra xa cumpre con todos os requisitos esixidos para formar parte da alianza.

En materia de cambio climático, Pontevedra xa ten os deberes feitos. Tanto que o alcalde volveu de Nova York co recoñecemento do Centro para o Deseño Activo e cunha invitación de Bloomberg Associates para formar parte dunha gran alianza internacional de cidades.

O modelo urbano pontevedrés espertou un forte interese ao outro lado do Atlántico. Tanto que está previsto que unha delegación se traslade para ver ‘in situ’ os cambios na cidade.

Fernández Lores insistiu en que para chegar a esta realidade foi necesario un traballo coordinado de todos os departamentos municipais.

Agora só falta determinar o mecanismo para a constitución desta alianza, que terá a Pontevedra entre os seus primeiros membros.