UU.AA. acusa á Xunta de criminalizar os gandeiros no novo Pladiga

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/11/pladiga_uxt.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/11/pladiga_uxt.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> O Plan de Prevención e Defensa contra os incendios forestais non gusta a Unións Agrarias. Segundo o sindicato, o documento presentado pola Xunta no mes de maio criminaliza a gandería, vencellándoa aos incendios forestais. Aseguran que esta postura se afasta dos ditados da Unión Europea, que a sinalan como un elemento de prevención.

Para Unións Agrarias, o Pladiga criminaliza aos gandeiros. O plan presentado pola Xunta recolle medidas como a prohibición de pastoreo nos campos queimados durante dous anos despois do lume, ademais de conxelar as axudas da PAC para as explotacións afectadas.

O sindicato sinala ademais que estas medidas van en contra do promovido dende a Unión Europea, que apunta á gandería como un elemento de prevención.

Así as cousas, non todo é malo dentro do Plan de Prevención. Unións Agrarias celebra a inclusión de 79 parroquias galegas con alto risco de incendio, ademais do incremento na investigación.

O sindicato insta á Xunta a que inclúa o manexo do gando entre as medidas de prevención do lume no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia que, reclama, se elabore de acordo co sector.