Esta fin de semana chega a Barro “A Emoción dos Viños”

    BARRO> O Pazo da Crega en Barro acollerá a VIII edición de “A Emoción dos viños”, este fin de semana, un evento no que exaltar a tradición vitivinícola de Galicia. Os organizadores esperan xuntar uns 400 asistentes.
    Estes vindeiros 27 e 28 de outubro, o Pazo da Crega, en Barro, acollerá a VI edición de “A Emoción dos viños”, un evento co que dar a coñecer os caldos galegos procedentes dos catro puntos cardinais da comunidade. Nesta ocasión será a primeira edición que terá lugar en Barro, con dobre representación por dúas adegas locais.
    O aforo para este evento será limitado a 400 asistentes. Unha importante cifra de visitantes dos que se espera que pasen a noite na comarca. No evento participaran uns 70 adegas coa intencionalidade de dar visibilidade ao patrimonio vitivinícola.
    o sábado 27 o horario será partido, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas mentres que o domingo desenvolverase unha xornada continuada desde as 11.00 ata as 15.00 horas. O prezo da entrada é de 15 euros para o sábado, 10 para o domingo e 20 para as dúas xornadas. Os asistentes recibirán unha copa serigrafada coa que poderán degustar todos os viños e asistir ás explicacións dos distintos adegueiros.