POBRA> A Policía Local sorprendeunos nos baños públicos existentes na zona do Castelo, a carón da oficina de turismo. O suceso producíase esta pasada fin de semana, na madrugada do sábado.
Os axentes acudiron coma de costume ata a zona do Castelo, para proceder ó peche dos baños públicos alí instalados, cando descubriron a estes tres mozos a punto de consumir as susbtancias estupefacientes.
Ademais da retirada da droga, os axentes procederon á súa identificación e traslado ata ás dependencias municipais, onde realizaron a correspondente denuncia. Posteriormente, ó comprobar que dous deles eran menores, deron aviso ós seus pais para que pasasen a recollelos.
A droga incautada, ó parecer cocaína, está pendente da súa pesaxe e tamén da súa análise.