O Centro de Usos Náuticos da Illa licitarase antes de finais de ano

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/01/edificio_illa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/01/edificio_usos_nauticos_illa.mp4{/flowplayer}

PONTEVEDRA> As obras do Centro de Usos Náuticos de A Illa poderían estar licitadas antes de que conclúa este ano 2014, co fin de poder contar con este novo edificio na Enseada do Bao a finais do 2015. Hoxe coñecemos os 68 estudios presentados. O Centro de Usos Náuticos da Illa de Arousa podería ser unha realidade antes de que remate o vindeiro ano. Alomenos esa é a previsión de traballo ca que se conta desde a Deputación de Pontevedra logo de que hoxe este ente comezase a estudiar os 68 estudios de arquitectura presentados. Os técnicos provinciais serán os encargados de decidir que proposta é a gañadora do concurso de ideas, dotado con seis mil euros de premio; amais de cadanseus dous accésits de 6.000 euros. Amais, o vencedor poderá encargarse da redacción do proxecto e da dirección de obras, para o que se achega outros 59.000 euros. O proxecto a executar deberá conxugar as necesidades técnicas dos usuarios; principalmente o Club de Piragüismo e a Asociación de Dornas a Vela da Illa; integrándose na paisaxe desta entrada do Concello Insular. Os orzamentos da Deputación pontevedresa contemplan este ano unha consignación orzamentaria de medio millón de euros; co que xa lle falta menos ós da Illa para dispoñer do seu propio Centro de Usos Náuticos.