Noia homenaxeará a Felipe Paz Carvajal coincidindo co centenario do seu pasamento

NOIA> O Concello promoverá mañá xoves diversos actos en lembranza do compositor local.

A concellería de Cultura noiesa celebrará mañá xoves diversos acto de homenaxe a Felipe Paz Carvajal, coincidindo coa data na que se cumpre o centenario do seu pasamento. A finalidade non é outra que dar a coñecer a relevancia deste compositor e que os veciños coñezan tamén algo máis da súa vida e obra. A primeira parada será no cemiterio de Santa María A Nova, á unha, cunha ofrenda floral onde repousan os seus restos.

Os actos terán continuidade ás oito e media no teatro Coliseo Noela cunha charla do seu neto, Sebastián Paz, que falará da traxectoria vital e profesional do músico.

A familia do compositor agradeceu a homenaxe, destacando a implicación do Concello.

O broche a esta homenaxe será musical, cun concerto a cargo do pianista  Alejo Amoedo e do Coro do Instituto Virxe do Mar ue interpretarán temas do propio Felipe Paz Carvajal.