O concello da Pobra e Patrimonio buscan retomar o proxecto de rexeneración dos Areos

A POBRA> O concello da Pobra busca retomar o proxecto de rexeneración no bordo litoral dos Areos,.  O informe negativo de Patrimonio ante a demolición das nave dos cataláns provocou a paralización das obras executadas pola Demarcación de Costas.

Na actualidade, o proxecto de rexeneración do bordo litoral dos Areos da Pobra está paralizado por mor dun informe da Dirección Xeral de Patrimonio que advirte da protección das naves dos cataláns.

O concello estuda agora a modificación puntual do plan urbanístico para eliminar estes elementos do catálogo de bens protexidos permitindo así o derrube das edificacións que se atopan en estado ruinoso. Este trámite deberá ir acompañado dun estudo arqueolóxico.

De saír adiante, poderíase tomar o proxecto executado pola Demarcación de Costas do Estado do Estado en Galicia co fin de recuperar este espazo natural transformando o bordo litoral da Pobra.