O goberno levará ao pleno a reclamación da Comandancia para o novo centro de saúde

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/23/vilagarcia_centro_saude.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/23/vilagarcia_centro_saude.mp4{/flowplayer}

     

    VILAGARCÍA> O goberno de Vilagarcía levará ao pleno a reclamación da Comandancia da Mariña para construír un novo centro de saúde. Na sesión do día 30, os socialistas intentarán conseguir o apoio de toda a corporación para pedir á Xunta que retome o proxecto, en base ao convenio asinado no 2009 entre a Consellería de Sanidade e a Autoridade Portuaria. O alcalde non descarta incluso levar a súa reclamación ao Ministerio de Defensa.

    O goberno de Vilagarcía insiste: os terreos da Comandancia da Mariña deben acoller o novo centro de saúde da vila. Os socialistas levarán esta cuestión ao pleno do vindeiro mércores, para buscar o apoio da corporación na súa reclamación ante a Xunta.

    O protocolo foi asinado no 2009, e nel a Autoridade Portuaria comprometíase a poñer os terreos a disposición do Servizo Galego de Saúde libres de cargas e gravames. Agora, o Porto non está polo labor. De feito, no verán cedía unha oficina da Comandancia á Armada.

    Por iso, o alcalde non desbota levar a súa reclamación ata o Ministerio de Defensa. E é que segundo Varela, o actual centro de San Roque é insuficiente para atender as necesidades da vila.

    O actual centro de saúde construíuse entre os anos 1974 e 1975. A única ampliación que se fixo foi no 1994, hai xa 20 anos.