A Praza de Ribeira súmase á campaña ‘Quere o teu mercado’

RIBEIRA> A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, visitou esta mañá a praza de abastos da localidade para dar a coñecer a campaña internacional ‘Quere o teu mercado’ que a Xunta está a promover por toda Galicia en colaboración coa Federación Galega de Comercio, na que tamén participa o mercado ribeirense. A campaña ‘Quere o teu mercado’ presentada esta mañá en Riberia e que promove a consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración coa Federación Galega de Comercio prolongarase ata o próximo mes de maio. Trátase dunha iniciativa a nivel internacional, con orixe no Reino Unido, na que participan uns tres mil mercados de 18 países de todo o mundo. O obxectivo claro. Fomentar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local. Dende o Concello destacaron tamén a importancia desta iniciativa que se suma ó traballo que ó longo de todo o ano se realiza dende o goberno municipal de cara a dinamizar estes espazos de venda.