Jesús Vázquez inaugura ‘Cabanillas e os artistas do seu tempo’

expo_cabanillas100_240709.jpgCAMBADOS> A exposición ‘Cabanillas e os artistas do seu tempo’ abriu as súas portas no Pazo de Torrado, con case un cento de obras.

{flowplayer}images/salnes/expo_cabanillas.flv{/flowplayer}

CAMBADOS> A exposición ‘Cabanillas e os artistas do seu tempo’ abriu as súas portas en Cambados. O Pazo de Torrado acolle case un cento de obras de vinte artistas que mantiveron unha estreita relación persoal con Ramón Cabanillas: Castelao, Lloréns, Carlos Maside, Luís Seoane, … Son algúns dos mellores artistas galegos do século vinte, unha constelación de estrelas, como dixo o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez.

O conselleiro de Educación participou no serán de onte na inauguración desta exposición, organizada polo Museo Provincial de Pontevedra. A mostra reúne en Torrado pezas de pintura, escultura, fotografía e debuxo. Entre elas hai pezas doutros cambadeses como Francisco Asorey e Narciso Pérez, e tamén de Isaac Díaz Pardo, ó único artista presente na exposición que inda sigue vivo, e que onte acudiu á inauguración.

A mostra enmárcase no programa Ano Cabanillas, unha homenaxe ó Poeta da Raza que o Concello quere que traspase as lindes comarcais. O presidente da Deputación tamén participou na inauguración. Louzán repasou a biografía de Cabanillas pero tamén avogou por aproveitar esta herdanza cultural para potenciala no eido turístico.

Considerada unha das mellores exposicións de Galicia, Cabanillas e os artistas do seu tempo estará en Cambados ata o 20 de setembro.

Redacción Salnés