Os descontos do Black Friday animan as vendas no comercio local

RIBEIRA> O comercio local pero tamén as grandes cadeas súmanse ó Black Friday con interesantes descontos e promocións. Sen dúbida, unha campaña moi atractiva para os consumidores que aproveitan estas rebaixas adiantadas para mercar os agasallos de Nadal.

A febre americana do Black Friday chegou para quedarse. No Barbanza apenas hai comercios que se resistan a sumarse a esta campaña promocional que anima ás vendas previas ó Nadal.

Este venres eran moitos os compradores que se deixaban levar polas ofertas non só en moda e calzado senón tamén en electrónica e fogar.

Descontos de ata o cincuenta por cento que poden facer máis levadeira a conta de gastos que se aproxima de cara a decembro. Aínda que hai quen prefire agardar ata o último momento.