A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boiro recibirá novo equipamento

BOIRO> Boiro vén de recibir da consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes unha subvención para material de emerxencias para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. En concreto para a adquisición dunha tenda de campaña e un desfibrilador externo. Segundo informaron fontes do propio Concello, a incorporación deste material facilitará as tarefas do servizo de Protección Civil e Emerxencias.

Dende a Agrupación xa teñen tamén outra demanda. A adquisición dun novo vehículo todoterreo.

Na actualidade a agrupación conta con máis de vinte de voluntarios que atenden todo tipo de emerxencias producidas no termo municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí