Os usuarios de AMBAR volven transformarse en actores no seu calendario de cine

A POBRA> Un ano máis, e xa van 7, a asociación AMBAR volve publicar o seu calendario solidario. O cine segue a ser o protagonista dos doce meses do ano da man de usuarios con diversidade funcional caracterizados como auténticos actores.

Sobre todo cine español pero títulos do máis diverso integran o calendario solidario de AMBAR que cada ano ve a luz coincidindo coa chegada do Nadal. Trátase dun proxecto no que  a asociación leva inmerso dende o ano 2015 co apoio inestimable do fotógrafo Pichero.

Ademais do fotógrafo, que idea e materializa en boa parte cada unha das portadas, o proxecto conta con moita colaboración dende os protagonistas e os seus familiares así como os traballadores da entidade e numerosas empresas patrocinadoras.

O obxectivo, ademais de recadar fondos para adquirir equipamento informático adaptado, é visibilizar a diversidade funcional na nosa sociedade durante todo o ano. Os calendarios xa están á venda tanto na sede da entidade como nas asociacións contra o cancro e de amas de casa de Ribeira, a academia Yara , a perruquería Silvia Noya en Rianxo, Maniotas e Lusco e Fusco na Pobra e Kiosco Etnias en Portosín.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí