RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de renovar o seu convenio de colaboración coa asociación antidroga Renacer. Os tres mil euros de fondos públicos servirán para dar continuidade ó programa de prevención de consumo de alcol.
Mediante esta sinatura, o alcalde de Ribeira e a presidenta da asociación Renacer renovan a súa colaboración anual. O concello achegará tres mil euros á entidade, pioneira no tratamento e prevención das drogodependencias.
Como xa fixeran en anos anteriores, a entidade destinará estes fondos ó programa de prevención do alcol que anualmente desenvolve.
Dende o concello agradeceron o labor que dende hai décadas realiza a entidade. Máis agora cando se ten producido un incremento do consumo de drogas entre a mocidade.