España recorrerá ante o Tribunal Europeo a prohibición da pesca de fondo

BARBANZA> España recorrerá ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea o veto á pesca do arrastre. O anuncio partiu do propio ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, durante a súa comparecencia hoxe no Congreso dos Deputados. Planas insistiu en que os informes científicos que empregou a Comisión de Pesca da Unión Europea son antigos e insuficientes, e nos que non se tivo en conta os efectos sociais que esta prohibición xeraría.

Tal e como se prevía, o Goberno Español si interporá recurso ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea en contra do peche decretado pola Comisión Europea á actividade pesqueira de fondo nun total de 87 zonas do Atlántico. Segundo explicou o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, durante a súa comparecencia hoxe no Congreso dos Deputados, o Executivo Central asumirá a representación do conxunto do sector pesqueiro español, que se verá sumamente afectado por esta decisión. Segundo Planas os informes científicos que empregou a Comisión Europea son antigos e insuficientes, ademais de desproporcionados e inxustos, e nos que non se tivo en conta os efectos sociais que esta prohibición xeraría.

O  Regulamento da UE entrará en vigor este próximo luns, polo que o sector está en guerra. Máis de 200 barcos en toda Galicia veríanse afectados por esta decisión, abocando á paralización ou ó despezamento a boa parte da flota. Ademais de mostrar a súa total oposición a esta medida, o sector prepara mobilizacións, como a que está convocada para este vindeiro sábado en Ribeira baixo o lema ‘Sen o mar morremos’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí