POBRA> Os populares piden así que se dea cumprimento a un acordo plenario tomado xa hai dous anos, para equiparar este imposto ó resto de concellos da comarca.
O Partido Popular presentaba a pleno hai dous anos unha moción na que reclamaba a rebaixa do imposto de bens inmobles, para equiparalo ó resto de concellos do Barbanza. A proposta saíu adiante por maioría, pero nunca chegou a aplicarse. Por esta razón, os populares volverán a levala a pleno para que o executivo de Nós Pobra a tome en consideración e acabe aplicándoa para deste xeito baixar a carga impositiva ós veciños.