Os alcaldes do Barbanza fan fronte común contra o proxecto de Altri

BARBANZA> Os catro alcaldes de Barbanza Arousa emitiron un comunicado conxunto sobre as alegacións presentada ó proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei. Ademais do elevado consumo de auga que podería poñer en risco o abastecemento dos concellos que dependen do Ulla, alertan das negativas consecuencias sobre a pesca, o marisqueo e industria conserveira.

Os concello do Barbanza rexeitan de xeito unánime o proxecto que a empresa Altri pretende desenvolver en Palas de Rei. Ademais de presentar alegacións, os catro alcaldes compareceron esta mañá para explicar os motivos da súa oposición á macrocelulosa. O principal reside no impacto sobre o consumo de auga que podería ocasionar problemas de abastecemento en tódolos concellos dependentes da captación do río Ulla.

De levarse a cabo o proxecto suporía tamén un risco para a produción marisqueira e pesqueira da ría de Arousa así como toda a industria relacionada co sector do mar , principais motores económico da comarca.

Por estes motivos, demandan á Xunta que reconsidere a declaración de proxecto estratéxico e dea marcha atrás co fin de non esgotar os recursos hídricos e garantir a calidade das augas.