O paseo marítimo de Rianxo renova a súa imaxe con novas esculturas

RIANXO> O paseo marítimo de Rianxo sufrirá un cambio de imaxe grazas a tres actuación acometidas con cargo á liña de subvencións para a mellora das infraestruturas turísticas. Consistirán na instalación de varios grupos escultóricos, paneis interpretativos e novos puntos de luz. A primeira das actuacións, enmarcada na liña de axudas da Xunta para a mellora das infraestruturas turísticas, consistiu na a instalación deste grupo escultórico da Santa Compaña elaborado por Nuco Losada. Nos próximos días procederase tamén á instalación de tres novos monolitos referidos a Faustino Rey Romero, quen carecía aínda dun espazo no paseo da Ribeira xunto a outros ilustres rianxeiros. Por último, o concello instalará varios puntos de luz nun treito bastante escuro do paseo, o que permitirá prescindir das grandes torres instaladas no seu día.