Queremos Galego Barbanza anima ós veciños da comarca a sumarse á mobilización do día 23

BOIRO> Queremos Galego Barbanza anima á veciñanza a sumarse á manifestación en defensa da lingua que terá lugar o día 23 en Compostela. Baixo o lema ´Lingua Vital Xa’ reivindicarán a necesidade de dar cumprimento ó Plan Xeral de Normalización Lingüística.

En estado crítico. Así ven os membros da plataforma Queremos Galego o estado da lingua cunha tendencia á perda de falantes non só nos ámbitos urbanos senón tamén no rural. De aí, a necesidade de artellar medidas como as que reivindicarán na manifestación do próximo día 23 á que tamén se sumará o Barbanza.

Ademais dun calendario de acción 2005 -2027 para executar o Plan Xeral de Normalización lingüística, a plataforma propón unha serie de medidas urxentes para fomentar o uso do galego a través de catro ámbitos fundamentais: o ensino, as actividades comerciais e económicas, a cultura e o lecer e a administración pública.