Boiro plantéxalle ó Sergas a posibilidade de baixar do actual nivel de restricións

BOIRO> O número de casos activos en Boiro sitúase hoxe en 32, un máis ca na xornada de onte. Vendo os datos, todo apunta tamén a un posible estancamento dos contaxios. Aínda así, mantense en nivel alto de restricións.

O executivo local trasladoulle á consellería de Sanidade que se estude a posibilidade de baixalo de nivel, ó ver como a incidencia a sete días está baixando significativamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí